Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os Hombres G darán inicio á oitava edición da Ourense ICCWeek

A cidade será, entre o 22 e 29 de abril, o centro neurálxico das industrias culturais e creativas

Ourense volverá a ser, entre os días 22 e 29 de abril, o centro neurálxico das industrias culturais e creativas coa celebración da oitava edición da Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense e que contará co mítico Alpinche como imaxe oficial e aos Hombres G capitaneando a aposta musical. O presidente da entidade provincial, Manuel Baltar, destacou esta mañá na presentación da imaxe oficial e o apartado musical do evento que este é “un proxecto cultural posto en marcha fai anos e que xa está consolidado como unha referencia a nivel nacional. Seguro que os aficionados ourensáns a distintas disciplinas verán con moito agrado estas ideas e referencias”.

Manuel Baltar, que estivo acompañado polo coordinador técnico da ICC Week, Juan Rivas; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar e a técnica Susana Ramos, avanzou que “esta nova programación fará desta a mellor edición das Ourense ICC Week que se fixeron ata agora”.

A imaxe elixida supón todo unha icona e unha referencia da cultura emprendedora feita en Ourense que transcendeu fronteiras: o Alpinche de Estanislao Reverter, un vehículo mítico e único, exemplo da creatividade aplicada á competición. “A imaxe deste ano ten moito que ver co espírito da ICC Week. Falamos das industrias culturais e creativas, e se hai cultura arredor do deporte e se hai creatividade alí está o Alpinche, esa creación de Estanislao Reverter recuperada gracias ao esforzo da Deputación. De novo voltaremos a escoitar o seu motor. É unha imaxe icónica da nosa historia”, incidiu Manuel Baltar.

Estanislao Reverter é considerado o pai do automobilismo galego, no que acadou grandes éxitos como piloto oficial e como creador na competición. Foi, entre outras cousas, un grande investigador da mecánica. O recoñecido Alpinche foi construído por Reverter no taller da súa casa, combinando dous vehículos: carrocería Alpine e motor Porsche.

Hombres G coma gran atractivo da ICC Music. Esta oitava edición xira arredor das iconas tamén no eido musical, coa presenza de Hombres G, banda formada por David Summers, Rafa Muñoz, Dani Mezquita y Javi Molina nos anos 80 e que deu un novo sentido ao fenómeno fan.

As entradas para o concerto de Hombres G, que se celebrará no Paco Paz o sábado 23 de abril (21.00 horas), estarán a venda dende mañá sábado, 12 de marzo, en ataquilla.com

As citas musicais complementaranse coa presenza de Amaro Ferreiro, Tandub e Colectivo da Silva o domingo día 24, ademais do concerto do mércores 27, por conta de Habitación Vudú.

12 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.