Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os Trens Turísticos de Galicia incorporan dúas novas rutas

Renfe, a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) presentaron este xoves a novena temporada dos Trens Turísticos de Galicia, que este ano incorporan dous novos percorridos: a Ruta dos Queixos de Galicia e a Ruta das Mariñas.

A iniciativa, en marcha desde o ano 2013, suma así un total de trece itinerarios, segundo informa Europa Press.

Destaca nesta edición o feito de que os prezos se manteñen desde 2019: 45 euros para adultos e 20 para nenos por ruta. Ademais, os usuarios poden beneficiarse do Galicia Rail Pass, un abono para percorrer a comunidade durante tres días consecutivos. As condicións poden consultarse en https://www.renfe.com/es/es/viajar/prepara-a túa-viaxe/abonos-ave-e-largadistancia/galicia-rail-pass.

O Executivo explica nun comunicado que “os bos datos obtidos na pasada edición”, cando se pechou a campaña cunha ocupación do 97,5 %, fan que nesta edición se incrementase tanto o número de saídas, de 22 en 2021 a 37 en 2022 -un incremento do 59 %-; así como o número de prazas, que crece un 76 %, pasando de 1.532 a 2.696asentos.

No que respecta ás novidades, a Ruta dos Queixos de Galicia percorre tres das catro denominacións de orixe galegas. En primeiro lugar, en Sobrado dos Monxes, visitarase a Casa do Queixo, con degustación dos de Teto e Arzúa-Ulloa. A seguinte parada será a queixería Don Crisanto, ubicada en Vilalba, co seu queixo San Simón da Costa. Após o xantar (libre) en Lugo coñecerase o proxecto de ecoagroturismo de Arqueixal, en Albá (Palas de Rei), co queixo Arzúa-Ulloa como produto estrela.

Pola súa banda, a Ruta das Mariñas levará aos viaxeiros desde A Coruña ata Ferrol polas Mariñas e Terras do Mandeo, reserva da Biosfera.

A primeira parada neste caso será Betanzos, visitando o seu centro histórico.

A continuación, en Paderne visitaranse as instalacións de Orballo, que conta coa única plantación de té da Europa continental. O tren pasará tamén por Pontedeume e finalizará en Ferrol, cun paseo en barco pola súa ría, defendida polos castelos da Palma e San Felipe, así como con un paseo polo barrio da Madalena, do período da Ilustración.

09 jun 2022 / 19:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.