Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ourense Film Festival, capital do cinema desde este venres

‘Malencolía’, de Alfonso Zarauza, cineasta de Santiago, abre o inicio do OUFF, que programa ata o 2 de outubro // Gonzalo Suárez e José Coronado, entre os premiados desta edición

Polas rúas de Ourense comeza a respirarse ambiente de cine e xa están colocadas as estrelas que anuncian que o OUFF (Ourense Film Festival) abre este venres. É xa a 26 edición deste certame ourensán e os últimos detalles centran a xornada de apertura deste venres.

Hai tres sedes principais do festival: o centro comercial Ponte Vella, o Cineclube Padre Feijoo e o Teatro Principal. Estes puntos, xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, artellan toda a acción destes dez días de cine.

E existe un punto de información na rúa do Paseo para poder atender directamente as preguntas e dúbidas.

Títulos como Benedetta ou Eles transportan a morte están a espertar gran interese entre o público, segundo sinalan desde a organización.

A gala inaugural comeza este venres ás 20:30 horas no Auditorio. Sobre as táboas desfilarán Leonor Silveira, Calpurnia de Honra Internacional, Luma Gómez, Premio Fundación AISGE a toda unha traxectoria, Alfonso Blanco Fosco, Premio OUFF Ourense, e Beli Martínez, Premio OUFF Chano Piñeiro.

Lucía Álvarez repetirá como mestra de cerimonias, tras presentar a clausura do 25 aniversario.

Algúns dos outros puntos fortes da gala de apertura serán as homenaxes a Berlanga e a Fernando Fernán Gómez polos centenarios dos seus nacementos, a actuación musical do dúo Cómplices e a estrea mundial de Malencolía, que presentarán aos espectadores alí presentes o director compostelán Alfonso Zarauza e todo o equipo da película rodada en Ourense.

O Premio OUFF Television 2021 recaerá no actor Jose Coronado. O intérprete madrileño recibirá este galardón en recoñecemento a súa extensa carreira na televisión onde nos deixou papeis memorables en series como Brigada Central, Periodistas, Acusados, El Príncipe, Gigantes ou Vivir sin permiso e que agora estrea Entrevías, ficción que o grupo Mediaset e Alea Media cuxo primeiro capítulo estrearase tras o acto de entrega do premio o mércores 29 de setembro no Teatro Principal cun reparto onde sobresae o galego Luis Zahera.

O músico Sergio Moure acadará o Premio OUFF Especial desta edición mentres que a Calpurnia de Honra, o galardón máis importante do festival, irá a mans do director Gonzalo Suárez, que a recibirá nunha gala no Principal o vindeiro luns 27. E o martes 28 , a directora Ainhora Rodríguez será premiada co Eduardo Barreiros

Nunha rolda de prensa previa, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Balta lembrou que o Ourense Film Festival “é unha homenaxe a todos os que fixeron da cidade e da provincia de Ourense... terra de cine”.

24 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito