Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

de Adolfo Domínguez

Vangarda. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora creativa de Adolfo Domínguez, Tiziana Domínguez, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que os especialistas do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo formarán aos deseñadores da marca téxtil no uso de teares artesanais para crear tecidos a partir de fibras naturais como o liño e la. No Museo do Traxe Tradicional Galego, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde se asinou o documento, Manuel Baltar agradeceu á directora creativa de Adolfo Domínguez “o interese por desenvolver unha iniciativa que fala fundamentalmente de Ourense e permitirá incorporar ao presente o saber, técnicas e instrumentos da máis antiga tradición”. O presidente provincial destacou que o Museo do Traxe Tradicional Galego “caracterizouse sempre por manter e recuperar instrumentos e técnicas, traballo do que agora vemos a súa utilidade para situarnos no camiño da vangarda”. “Queremos beber das nosas raíces, creando tecidos con fibras típicas do territorio e seguindo colores e patróns tradicionais dos traxes galegos”, subliñou Tiziana Domínguez.

Grazas ao convenio asinado, 32 profesionais de Adolfo Domínguez poderán formarse na creación artesanal ECG

24 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.