Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ourense promociona o patrimonio rural nas rutas peregrinas

A iniciativa da deputación terá incidencia directa nas vías que apostan polos viaxeiros culturais

A Deputación de Ourense apoiará un proxecto de promoción do patrimonio rural nas inmediacións das rutas de peregrinación europeas, o rurALLURE, entre cuxos obxectivos figura aumentar a visibilidade de lugares de interese cultural e dar a coñecer o acervo etnográfico, termal, natural e mesmo literario dos Camiños de Santiago.

Un aspecto, este último, singularmente valorado por Manuel Baltar, “pois ofrece unha nova perspectiva ao ter presentes a relevantes personaxes do mundo das letras, como no caso da Vía da Prata promovendo unha visita ao pazo do patriarca da letras galegas, Otero Pedrayo, e destacando á literatura como a maior creadora de simboloxía nos camiños”.

O presidente provincial comprometeu o apoio loxístico da institución tras escoitar os detalles do proxecto presentado no Pazo Provincial pola decana da Facultade de Historia do campus de Ourense, Susana Reboredo, xunto ao director da iniciativa, Martín López, e o investigador e ruralista Óscar Penín.

A Universidade de Vigo lidera este proxecto, de carácter europeo, no que participan institucións de España, Portugal, Italia, Noruega, Eslovaquia e Hungría, e no que colaboran membros da comunidade universitaria nas especialidades de historia, xeografía, artes ou enxeñería.

Baltar destacou que a orixe deste proxecto está no Ourense Rural Summit, celebrado a finais de outubro de 2019, onde baixo a organización da Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo reuníronse no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil máis dun cento de representantes de universidades, empresas, asociacións de desenvolvemento rural e emprendedoras rurais de diferentes países, para debater sobre sustentabilidade, innovación e impulso ao medio rural.

“Seguen a saír iniciativas que terán a súa incidencia directa nas vías que apostan polo turismo cultural, poñendo de relevo da man do talento que representa a universidade o noso gran territorio rural marcado pola historia”.

18 sep 2021 / 16:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.