Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outorgados os Premios Xerais 2020 dedicados á literatura en galego

María Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras foron os gañadores

Santiago. María Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras foron os gañadores, respectivamente, do Premio Xerais de Novela, o Jules Verne de Literatura Xuvenil e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2020, no marco dos Premios Xerais 2020 de literatura.

Así o informou o xurado, que fixo público onte, en Vigo, o ditame duns premios dotados, cada un, con 10.000 euros. Coidadora de María Marco Covelo, Santoamaro de Antonio Manuel Fraga; e A Folla azul, de Andrea Maceiras -escollidos todos eles como gañadores por unanimidade-, chegarán ás librerías en abril de 2021.

No caso de María Marco Covelo, gañadora do Xerais de Novela, o xurado destacou da súa obra Coidadora -a primeira obra de Covelo-, ademais de abordar un tema de actualidade como é o das coidadoras desde a perspectiva de alguén que coñece esa profesión, o “excelente pulso narrativo” que fai partícipe a un lector “activo e interveniente” de “a angustia que, en ocasións, provoca a profesión”.

Xerais tamén recoñeceu a aquelas obras enfocadas aos lectores máis novos. En ‘Santoamaro, novela gañadora do Jules Verne de Literatura Xuvenil, Antonio Manuel Fraga relata as relacións que se establecen entre un grupo de amigos que, tras terminar bacharelato, reúnese todas as noites do verán na praia coruñesa de Santo Amaro.

O xurado destacou o estilo directo dunha narrativa presentada como unha función teatral e a linguaxe “próxima, claro e conciso con referentes actuais -cada capítulo ábrese con mensaxes de Whataspp- coñecidos polo lector”, no que provoca “unha reflexión sobre o propio acto de creación literaria” e ao que mantén “en tensión” ata o final da novela.

Doutra banda, A folla azu’, de Andrea Maceiras -Premio Merlín de Literatura Infantil-, narra en primeira persoa a historia dunha nena dun poboado amazónico que se ve obrigada a emprender unha viaxe para salvar ao seu pobo. O xurado destacou desta obra o seu dominio da arquitectura da narración, así como o seu “profundo compromiso social”. E.P.

19 dic 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito