Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outra achega na colección ilustrada Merlín Cómics

Logo de Animalia 1. Verde, localizada na selva, e Animalia 2. Branco, ambientada no mundo dos polos, Edicións Xerais de Galicia acaba de publicar na colección Merlín Cómics a terceira entrega deste proxecto de banda deseñada, que acolle divertidas e enxeñosas historias protagonizadas por animais de diferentes hábitats, creadas polo ilustrador Xosé Tomás (Betanzos, 1971) co fin de reflexionar sobre o coidado do medio.

Neste terceiro volume titulado Animalia 3. Azul o lectorado infantil coñece os animais acuáticos que viven en distintos hábitats, por medio dunha única páxina na que se presenta unha historia auto-conclusiva chea de humor.

Trátase dunha ollada humorística e instrutiva sobre a forma de vida e a interacción dos animais, que se caracterizan na súa diversidade; e que serve para facer reflexionar ao lectorado infantil, a través da ironía, sobre a humanidade como especie e como civilización e da interacción con eles.

rociogpedreira@gmail.com

05 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.