Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Palabras da pandemia xa no dicionario da RAG

Santiago. O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG) acordou na súa última xuntanza, celebrada telematicamente, incorporar ao Dicionario covid-19, coronavirus, teletraballo, desconfinamento e desescalada xunto a outras palabras de uso crecente en plena pandemia, visibles xa edición en liña desta ferramenta.

Dende o comezo do confinamento o pasado 15 de marzo, o Dicionario da RAG acadou o maior volume de consultas da súa historia.

O mes de marzo rematou cunha media de 113.000 procuras diarias que en abril chegaron ás 133.000 (preto de 4.000.000 en total), un 82% por riba das rexistradas no mesmo período do ano anterior.

A crise sanitaria tamén deixou pegada entre os termos máis buscados.

Xunto aos que adoitan repetirse todos os meses nesta listaxe, como só, máis, fóra ou botar, nas últimas semanas as procuras das palabras corentena, confinamento, máscara e pandemia foron as que máis medraron.

A palabra covid-19 é un dos novos lemas que o Seminario de Lexicografía acordou incorporar ao Dicionario en resposta á irrupción na fala cotiá de distintos termos relacionados coa crise provocada por esta enfermidade.

O famoso termo é resultado da rápida lexicalización que experimentou o acrónimo do inglés Coronavirus Disease 2019. REDACCIÓN

22 may 2020 / 21:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito