Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Para “que ninguén quede fóra” será dual a Mostra de Cine Periférico (S8)

en algunhas seccións

A Coruña. A undécima edición da Mostra Internacional de Cinema Periférico ( S8) celebrarase na Coruña do 27 de setembro ao 10 de outubro en formato dual, combinando a presencialidad coas vías telemáticas “para que ninguén quede fóra”, en palabras do director do festival, Angel Rueda.

Na presentación onte, na na Domus de A Coruña, participaron Inés Rey, alcaldesa do Concello de A Coruña; Xurxo Couto, deputado de cultura da Deputación de A Coruña; Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual de AGADIC; e Ángel Rueda, director do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico de A Coruña.

A organización do festival desvelou os últimos contidos da programación para esta edición dual, que se celebrará do 27 de setembro ao 3 de outubro.

Ás seccións xa anunciadas, como Camera Obscura, Xardíns secretos, Sinais, Xerme ou Sinais en curto, súmanse os contidos da sección Desbordamientos. Se tradicionalmente a film performance e o cinema expandido foron un selo característico do festival, nesta edición a Mostra non quere renunciar á celebración destas accións no patio da Fundación Luis Seoane. Nesta edición a sección Desbordamientos, nomeada así en honor a un dos grandes referentes da Mostra, José Val del Omar, estará protagonizada pola triple sesión presencial de Valentina Alavarado e Carlos Vásquez, a performance da portuguesa Tânia Dinis, e a sesión ao aire libre da estadounidense Miwa Matreyek, que clausurará a Mostra o sábado 3 de outubro cunha espectacular performance proxectada sobre os muros de distintos puntos da cidade. Todas estas sesións tamén poderán seguirse por streaming desde calquera lugar do mundo.

A Mostra acollerá no seu Observatorio varias actividades enfocadas ao sector profesional: un encontro organizado en colaboración con CREA, Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, no que se contará coa presencia do ICAA, AGADIC, e a Coordinadora del Cortometraje Español; e un segundo en colaboración con Proxecta - Coordinadora Galega de Festivais de Cinema no que se falará da recente creación de Pantalla, Federación Estatal de Coordinadoras de Festivales de Cine y Contenidos Audiovisuales. ECG

16 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito