Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Para saber máis: As letras galegas en caricatura

Héitor Picallo O Carrapucho (Cuntis, 1974) en Letras Galegas en Caricatura (1963-2020) fai un percorrido polas personalidades homenaxeadas co Día das letras galegas desde o seu inicio coa poeta galega universal, Rosalía de Castro, ata Ricardo Carvalho Calero, elixido este ano.

Unha obra novidosa por acompañar as breves biografías con caricaturas que poñen cara a cada persoa homenaxeada. Acompaña o percorrido un Limiar de Fina Casalderrey quen recorda a biografía do autor que creou o personaxe Tirilín para ensinar “á xente miúda -e non tan miúda- o nome dos paxaros, dos peixes, dos insectos... na nosa lingua”.

Agora O Carrapucho, seguindo unha das súas actividades máis queridas, como é a loa de personaxes da cultura galega, con palabras e textos ben elixidos e cunhas magníficas imaxes, caricaturiza a cada personaxe homenaxeado ofrecendo trazos moi característicos para relembralos mellor.

blanca.roig@usc.es

09 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito