Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Para saber máis: Filomena Dato na Colección Mulleres

Baixo o título Unha casiña branca na Mariña a Colección Mulleres Galegas da Editorial Lela publica unha nova entrega, que nesta ocasión biografa a figura da poeta Filomena Dato Murais (1853-1926).

Debuxada por Tania Solla e coa autoría de Polo Correo do Vento nos textos, esta achega vén sumarse a unha serie que con anterioridade xa se ocupara de mulleres tan destacadas como Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Ángela Ruiz Robles, Daría González ou Matilde Bares, ás que agora se engade a da escritora ourensá.

Dato Muruais foi a poeta máis laureada do seu tempo, a segunda muller tras Rosalía en publicar un libro en galego (Follatos, 1891), unha ensaísta moi comprometida coa causa feminista e unha intelectual de intensa vida sociocultural, ben presente na prensa da época, condicións todas que pon de relevo este volume ilustrado de pequeno formato, ideal para a divulgación didáctica escolar.

armandorequeixo@hotmail.com

16 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito