Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Para saber máis: lectura, literatura e comunicación

É unha boa nova saber de publicacións científicas universitarias que afondan na conexión entre a lectura e a literatura, como é o caso da recente monografía Nuevos caminos para la lectura, la literatura y la comunicación (Universitat de Lleida, 2021), editada polos profesores Moisés Selfa, Enric Falguera e Aurora Martínez. Nela acóllese o artigo Del libro a la pantalla: la serie juvenil ‘Dragal’ de Elena Gallego”, da profesora Carmen Ferreira Boo.

Un amplo e interesante estudo que comenta as claves narrativas da primeira serie xuvenil fantástica da LIX galega, explica o seu éxito de crítica, premios e traducións e analiza os seus epitextos, tanto dixitais como analóxicos. Ademais repasa distintas accións de moito éxito ao redor desta serie, como o proxecto dixital de Ficción Producciones ou, no ámbito educativo, o Proxecto Dragal da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

blanca.roig@usc.es

08 feb 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito