Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Para saber máis: libros-obxecto, artefactos precisos

Hoxe dámos conta da monografía intitulada Clássicos da Literatura infantojuvenil em Forma(to) de Livro-Objeto (2020), coordinada por Sara Reis da Silva, profesora da Universidade do Miño, unha das investigadoras portuguesa que, desde hai anos, forma parte, dos equipos que dirixe Blanca-Ana Roig, coordinadora desta página, co obxectivo de poñer en valor a LIX e todo o que leve ao lectorado a gozar dela. Sara Reis soubo unir a investigadores da iberofonía para reflexionar sobre obras clásicas e contemporáneas da LIJ.

Entre os trece traballos que acolle queremos destacar os realizados polas galegas: Blanca-Ana Roig e Olalla Cortizas que falan de Babar e os elefantes; Carmen Franco e Marta Neira da visión vangardista de K. Pacovská e Isabel Mociño e Eulalia Agrelo do libro pop-up, A casa Enmeigada. Traballos que nos fan ver o valor destes artefactos para o inicio da lectoescritura e a lectura literaria.

rociogpedreira@gmail.com

30 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito