Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Para saber máis: moita paz e non violencia sempre

Con motivo da recente celebración do Día escolar pola Paz e a Non violencia (30 xaneiro), queremos lembrarlles os mediadores e lectores en xeral que teñen á súa disposición obras en galego do gusto da nenez e mocidade que se centran nestas temáticas. Entre as moitas existentes, salientamos dúas. Unha publicada no ano 2012 por Kalandraka, xa comentada, O principio, da galega Paula Carballeira, unha escritora de nós que segue a tratar a temática con oficio.

A outra, publicada a finais do ano 2020 por Faktoría K de Libros, Eu son A, do inglés Steve Tasane, traducida ao galego por Carlos Acevedo. O diario lévanos a campos de refuxiados, onde os nenos sufridores teñen que buscar comida, senten a perda da familia e mesmo da identidade, pero teñen soños esperanzadores para atopar a saída da miseria na que viven como consecuencia de crises e guerras que destruén a súa seguridade e o calor familiar.

marta.neira@usc.es

22 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito