Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Para saber máis: Morte e literatura infantil e xuvenil

A sociedade actual afastou a morte dos discursos dirixidos á infancia e xuventude por considerala un feito traumático. Desde o paradigma da educación emocional, insístese na pertinencia de tratala para afrontar con madureza un trance que orixina un doloroso conflito interno. A este fin contribúe o volume Death in Children´s Literature and Cinema, and its Translation, coordinado por V. R. Kenfel e J. House, no que se recollen estudos sobre a morte na literatura infantil, cinema e ficción audiovisual española, británica/americana e alemá.

Entre eles, cómpre sinalar The Topic of Death in Galician Literature for Childrend and Young Adults, de I. Mociño González e E. Agrelo Costas. Nel faise unha análise da representación da morte nunha serie de narracións que, desde un tratamento natural, emotivo e, por veces, humorístico, orientan co poder da palabra o lectorado máis novo no labirinto da vida.

m.fboo@udc.es

04 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito