Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Patricia Hermida, finalista do premio Fernández del Riego

Foi seleccionado un artigo publicado en EL CORREO e adicado o seu pai, Antonio, falecido durante a pandemia

A Historia de como Avó Antonio subiu ao ceo, publicado por Patricia Hermida en EL CORREO o 5 de maio do pasado ano, é un dos artigos finalistas do XVIII Premio de Xornalismo Fernández del Riego.

O traballo seleccionado da exredactora en Ferrol deste periódico formou parte do Diario do Confinamento que a xornalista publicó regularmente durante o confinamento por la pandemia do COVID e no que relataba como viviú ela profesionalmente o encerro acompañada dos seus fillos pequenos.

O artigo finalista foi o último da serie e estivo adicado a seu pai, Antonio, que faleceu tan so uns días antes, o 26 de abril do mesmo ano.

A selección de Patricia Hermida foi unha das tres xornalistas que déronse onte a coñecer onte como finalistas do Fernández del Riego.

Tras a deliberación do xurado, integrado por Víctor Freixanes, Carlos Valle, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Cristina Pato, fíxose pública a resolución, que ademáis de para a xornalista ferrolá tamén seleccionouse a Miriam Ferradáns, polo seu artigo Dallas, publicado o 10 de novembro de 2020 en Nós Diario, e Cláudia Morán polo traballo Un deserto, aparecido o 18 de novembro de 2020 tamén en Nós Diario.

Na rolda de prensa de onte, Pedro Otero subliñou “tanto a ardua tarefa de selección por parte do xurado, dada a calidade dos textos presentados, como o papel esencial que o xornalismo desempeña e que, en momentos tan extraordinarios, tan complexos como o actual, require grandes esforzos e se nos revela imprescindible”.

Víctor Freixanes, pola súa banda, quixo “destacar a calidade, precisión e esmero de todos os traballos presentados. Unha convocatoria deste tipo sempre ten algo de crónica e tentamos premiar aqueles traballos atemporais, pezas literarias que perduren no tempo e sirvan de referencia. Estas tres pezas reflicten tres aspectos desa crónica que está presente agora mesmo nos medios”, dixo.

E continuou: “Por unha banda, a temática do coronavirus, que fai que os nosos avós desaparezan e moitas veces non poidamos nin despedirnos deles; por outra banda, unha recreación do mundo que se perde e da Galicia que vai perdendo poboación e se transforma; e finalmente, o tema do Sahara, narrando o abraio dos rapaces cando pasan aquí as vacacións e logo a traxedia de non poder volver cando xa son maiores. Detrás desa despedida sempre hai un desgarro que evidencia a situación de inxustiza das poboacións do Sahara”.

Máis mulleres. Víctor Freixanes tamén quixo destacar o aumento dos artigos presentados, un total de 29, dos que 18 foron escritos por mulleres.

Patricia Hermida Torrente (San Sadurniño, 1977). Licencieime en Xornalismo pola Universidade de Santiago, na promoción 1995-1999. E leva máis de 20 anos traballando como xornalista en Ferrol, a maior parte dese tempo como correspondente para RNE e EL CORREO. Deixou este diario o 1 de novembro de 2020, e desde entón continúa como corresponsal para RNE e prepara oposicións.

07 jul 2021 / 16:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.