Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pide o Goberno galego baixar o IVE turístico ao 4 % polo covid

Rueda aboga ante os membros da España Verde por adoptar esta medida para tentar paliar os efectos da crise no sector

Consciente da grave situación que está a vivir o sector turístico como consecuencia das numerosas restriccións derivadas da pandemia do coronavirus, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, trasladou onte ao Goberno central a solicitude de redución do IVE turístico ao catro por cento para axudar ao sector neste tempo tan complicado.

Alfonso Rueda, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou por videoconferencia na reunión entre os responsables da marca turística España Verde, no que están integrados os gobernos autonómicos de Asturias, Cantabria e País Vasco, que xunto con Galicia, integran a marca España Verde, e onde está tamén Turespaña.

A premisa da reunión foi a de seguir traballando en proxectos conxuntos, aproveitando o modelo turístico común entre estas rexións, coa principal meta de conseguir reactivar o turismo do norte da península.

Neste sentido, o vicepresidente primeiro do Executivo galego lembrou que dende a Xunta solicitouse en varias ocasións, unha delas no marco da Conferencia sectorial de Turismo celebrada o mes pasado, unha redución do IVE ao catro por cento neste sector de forma temporal, como medida imprescindible para manter e, mesmo estimular, a actividade turística en todo o territorio do país.

Na reactivación do sector turístico se precisa a implicación do Goberno central porque moitas medidas son da súa competencia exclusiva.

Por iso, “lamentamos que en España o IVE aplicado ao turismo non teña unha redución como Alemaña ao 5 %, Portugal ao 6 e Francia ao 7 por cento”, considerou Rueda segundo segundo se recolle nun comunicado da Consellería de Presidencia.

No marco da reunión, o vicdepresidente da Xunta insistiu en que “a premisa é seguir avanzando en varias propostas para continuar coa promoción das comunidades que integran a marca como destinos turísticos, destinos de calidade”, e para impulsar a sostibilidade; propostas moi demandadas na situación actual na que os visitantes buscan destinos seguros e pouco masificados.

E tamén fixo referencia á inminente celebración do próximo Ano Santo, “que ten moito que ver co contacto coa natureza, que é o que agora moita xente busca” no ámbito turístico neste tempos profundamente marcados pola crise do coronavirus.

Cabe lembrar ademais que o turismo galego resistiu mellor durante estes meses que o conxunto de España, cun diferencial positivo nas cifras acadadas no sector, o que amosa que a aposta por Galicia como destino seguro -dentro dunha iniciativa posta en marcha polo Goberno autonómico e que tiña como obxectivo potenciar todos os valores que distinguen á nosa comunidade doutros territorios-, repercutiu positivamente no que se refire á chegada de viaxeiros á nosa comunidade desde que se abriron as fronteiras entre países e finalizou o estado de alarma decretado en España durante a primavera pasada.

Os establecementos extrahoteileros resisten mellor que a nivel estatal

Santiago. No mes de setembro os establecementos extrahoteleiros galegos, que agrupan aos apartamentos turísticos, cámpings, albergues ealoxamentos de turismo rural, caeron un 33,5 por cento na súa demanda, o que representa 24 puntos menos que a media nacional para este tipo de establecementos (58,4 %), segundo os datos publicados esta semana polo Instituto Nacional de Estatística.

Así, mentres que a caída dos hoteis foi do 60 por cento no pasado mes de setembro, este tipo de aloxamentos caeu nun 33,5, o que dá conta de que esta tipoloxía de establecementos segue a ter un mellor comportamento na demanda durante estes últimos meses.

A pesares diso, o peso maioritario da demanda turística segue estando no segmento hoteleiro, que acumulou en setembro o 74 %, mentres que o extrahoteleiro obtivo o 26 % restante.

Os cámpings foron os que marcaron un comportamento menos negativo no mes de setembro, cunha caída do 26 %, seguido dos apartamentos turísticos (-32) e do turismo rural (-50). Todos eles melloraron a estadía media neste mes, que se situou nas 3,35 noites de media, o que supuxo un 24 % máis con respecto ao número de noites de estadía media rexistrado durante omesmo período do pasado exercicio.

No conxunto da oferta regrada galega, increméntase tamén o tempo que os viaxeiros pasan no noso territorio, cunha media de 2,2 noites, sete puntos máis que no mes de setembro anterior.

Segundo os datos achegados polo INE, no terceiro trimestre do ano a comunidade galega recibiu máis de 1,1 millóns de viaxeiros que realizaron case tres millóns de pernoitas, mentres que as cifras do acumulado sinalan que nestes primeiros nove meses do ano chegaron a Galicia un total de 1.722.955 viaxeiros, que realizaron algo máis de catro millóns de pernoitas, cifras que manteñen un mellor comportamento que a media a nivel estatal.

Durante este período de xaneiro a setembro o turismo nacional representou o 89 % do total da demanda, unha porcentaxe que supera en trecepuntos a cifra do ano pasado, cun descenso máis acusado do turismo internacional, que caeu un 80 %. redacción

31 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.