Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Plan para destacar o liderado de Ourense como destino termal

Se desenvolverá nun período de tres anos cun orzamento de 3 millóns // Xunta de Galicia e Deputación, traballan xuntos

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, apostan por desenvolver un Plan de Sustentabilidade que destaque o liderado da provincia como destino termal de referencia.

Así o avanzaron tras manter un encontro onte para abordar os detalles desta iniciativa, formulada na última Conferencia Sectorial de Turismo, na que colaborarán a Xunta, o Goberno central e as entidades locais co obxectivo de reactivar o sector turístico da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, medioambiental e territorial.

A Xunta comprometeuse a coordinar esta acción e remitirlle ao Ministerio as propostas formuladas polos destinos que opten a esta iniciativa, que se desenvolverá nun período de tres anos e contará cun orzamento de 3 millóns que achegarán o Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais beneficiarias.

As entidades locais serán as encargadas de elaborar a proposta de actuación que posteriormente valorará a Secretaría de Estado de Turismo. Precisamente, o responsable de Cultura e Turismo repasou co presidente do ente provincial os requisitos que deberá reunir o futuro Plan de Sustentabilidade e os criterios que se valorarán para a súa elección.

Ambos coincidiron nas posibilidades que ofrece este plan para impulsar o desenvolvemento turístico da provincia e a recuperación a reactivación do tecido empresarial. E subliñaron que Ourense representa un modelo turístico que encadra coa filosofía desta acción, ao potenciar valores como a natureza, a paisaxe, a enogastronomía, ou o patrimonio, moi valorados no contexto da actual crise sanitaria. Do mesmo xeito, destacaron a importancia do termalismo, un aspecto no que este territorio está considerado un referente nacional e mesmo internacional.

Modelo en recuperación tras a crise sanitaria
A iniciativa componse de dúas vertentes, unha centrada en destinos consolidados

Santiago. A iniciativa desta colabotación que xuntou onte o o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Balta, para dese xeito, traballar xuntos a prol de desenvolver un Plan de Sustentabilidade que destaque o liderado desta provincia galega no eido do termalismo ten varias partes. Componse de dúas vertentes, unha centrada en destinos xa consolidados, caracterizados por recibir unha gran afluencia de xente e que busquen reorientar o seu modelo turístico cara outros máis intelixentes e sustentables, e outra vertente, na que se encadraría Ourense, focalizada en destinos rurais ou de interior que ten por obxectivo poñer en valor aspectos como o patrimonio cultural ou medioambiental ou crear novos produtos turísticos baseados nas súas particularidades.

NOVOS PRODUTOS E CASCOS HISTÍRICOS Entre as actuacións que se financiarán no marco deste programa destaca a creación de novos produtos, a sinalización de recursos, actuacións de embelecemento de cascos históricos ou a aplicación de novas tecnoloxías para o seguimento da demanda turística. O eido do termalismo ourensán é parte do atractivo turístico galego pero ten marxe para medrar ainda máis. REDACCIÓN

10 ago 2020 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito