Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Posible nova rodaxe en Ourense, da man do produtor Xavier Font

A Deputación analiza a colaboración nun filme con localizacións en municipios da provincia

Ourense. Convertida nos últimos tempos en plató natural da rodaxe de diferentes proxectos audiovisuais, a provincia de Ourense podería convertise en protagonista nunha nova longametraxe.

En este sentido, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, confirmou que estudará a colaboración nunha nova película que, na súa meirande parte, tería como localizacións diferentes puntos da provincia. Un anuncio que fixo logo de escoitar os detalles do proxecto no que está a traballar o recoñecido produtor e compositor musical Xavier Font, co que se reuniu no Pazo Provincial.

Coa rodaxe prevista entre 2022 e 2023, A filla de Isaura conta a historia dunha muller de cidade que regresa a unha aldea da Galicia fronteiriza para soterrar á súa nai.

Baltar destacou que esta proposta de colaboración, que agora será estudada pola área de Cultura e o equipo artístico e técnico do OUFF, “é un exemplo máis da decidida política da Deputación por converter Ourense nun excelente e inmenso plató para as producións audiovisuais, vinculando o noso territorio coa sétima arte, o que nos permitirá seguir profundando nese camiño que iniciamos ao asumir a organización do Festival Internacional de Cine de Ourense, onde agardamos a estrea da última película rodada en Ourense, Malencolía, de Alfonso Zarauza”.

Cunha longa traxectoria na composición de música para cine, televisión e publicidade, Xavier Font colabora con numerosas produtoras nacionais e internacionais.

Membro da European Film Academy, da Academia de Cine de España e da Academia Galega do Audiovisual, conseguiu en tres ocasións o Mestre Mateo. entre outros recoñecementos. Redacción

21 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.