Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Prado fai un balance “positivo” do ‘Viñetas desde o Atlántico’

Apoiado polo Concello de A Coruña, suma xa e 24 anos // As exposición van continuar abertas

O salón do cómic o Viñetas desde o Atlántico clausurou antonte domingo a súa XXIV edición cunha “sensación xeral de positividade”, en palabras do seu director, Miguelanxo Prado. Por segundo ano consecutivo, o festival de cómic coruñés tivo que adaptar a súa programación e mais o desenvolvemento das súas actividades aos condicionamentos esixidos pola situación sanitaria, sen por iso faltar á cita co público nin renunciar ás súas propostas esenciais.

“Aínda que nesta edición nos achegamos moito á normalidade, igualmente tivemos que inaugurar Viñetas con restricións parecidas ás do ano pasado, iso si, con moitos máis convidados e incorporando as charlas e mais sesións de firmas habituais. Amañar toda a programación no medio e medio dunha situación tan chea de incerteza foi a principal dificultade desta edición”, sinala o director, que non dubida en falar dun “balance moi positivo” co punto de mira xa na celebración do 25 aniversario en agosto de 2022.

Miguelanxo Prado destaca a “excepcional historia” do salón internacional. “Un proxecto que, apoiado polo Concello, se mantén durante 24 anos e consegue facerse un oco no panorama nacional –di- é todo un logro”.

Prado remarca tamén a incuestionable “complicidade” con esta “aposta social”, tanto por parte dos que a sustentan como da cidadanía coruñesa que, a piques de cumprir un cuarto de século, xa considera Viñetas unha parte indisociable do seu verán.

“Hai moito que celebrar nas vodas de prata do Festival, o ano que vén”. Tanto a organización coma os libreiros participantes da feira editorial coinciden en destacar a resposta do público. Constataron unha afluencia bastante superior ao salón Viñetas 2020, moi restrinxido debido á pandemia. “Houbo edicións mellores con salas repletas de xente”, recoñece o director, “pero a pesar das limitacións que forzosamente reduciron este ano a cantidade de persoas que puideron acceder ás salas e mais as actividades, os números son infinitamente mellores que o ano pasado. E aínda temos ata setembro para confirmalo”.

As restricións polo COVID provocaron tamén unha escasa presenza de visitantes estranxeiros. Nos festivais previos á pandemia era frecuente atopar grupos de afeccionados alemáns, portugueses ou franceses; mesmo non poucos deles programaban as súas vacacións en coincidencia co Viñetas, para ter a oportunidade de visitar e asemade participar no salón.

Para Miguelanxo Prado “temos que meter dunha vez na cabeza que, a curto prazo, non imos volver a ver en ningún ámbito as grandes cifras de público de antes do COVIDd”. Avoga Prado, daquela, por seguirmos adiante “adaptándonos a esta situación” e buscando “novas ferramentas”. Pon como exemplo, no caso de Viñetas, o bo funcionamento das retransmisións en liña das charlas cotiás cos autores invitados, argalladas coa intención de paliar o limitado número de persoas que de ordinario poden acceder en directo ao Kiosco e que, neste 2021, resultaron cruciais, dada a redución de aforo derivada da pandemia. Non só teñen un altísimo seguimentoal, senón que, por riba rexistran taxas anuais de visualización importantes.

ACTIVIDADES
setembro

··· Maaís. As exposicións de orixinais de ‘Viñetas’ seguirán abertas ata o 5 de setembro. “Un escaparate magnífico que abarca a totalidade das opcións creativas do cómic e demostra a súa capacidade para tocar todos os temas”, explica o director,

17 ago 2021 / 00:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.