Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Xa fai máis dun ano, nesta páxina, convídamos a ler a novela El efecto Frankenstein, de Elia Barceló (Alicante, 1957), unha recoñecida escritora por outras obras, de magnífica feitura, para adultos e mozos. Esta novela fora premiada, no ano 2019, co XXVII Premio Edebé de Literatura, na modalidade Xuvenil.

Hoxe volvemos a recordala por ser merecedora do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil convocado anualmente polo Ministerio de Cultura y Deporte. Galardón ben merecido porque nesta novela, coas mellores técnicas literarias, se lle fai unha homenaxe a Mary Shelley e se poñen en diálogo dúas épocas históricas. Nora, a protagonista, é unha estudante do século XXI que deixa ver as desigualdade de xénero e invita, como Mary Shelley, ás responsabilidades persoais e sociais. Foi moi ben acollida desde a súa primeira edición, posiblemente pola empatía creada entre os personaxes e o lectorado actual.

blanca.roig@usc.es

11 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito