Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premios a alumnos do Garaxe Hermético no Xuventude Crea

Distincións en banda deseñada para Sergio de Arcos, Anxel Carramal e Jorge Fernández

Tres alumnos de O Garaxe Hermético resultaron gañadores nos premios do Certame Xuventude Crea 2021, promovidos pola Xunta de Galicia. Esta escola profesional de banda deseñada e ilustración con sede en Pontevedra é un centro fundado e dirixido por Kiko da Silva, colaborador de EL CORREO GALLEGO coa sección de humor gráfico A Silveira.

No Xuventude Crea 2021, Jorge Fernández Fernández (de O Barco de Valdeorras) acadou o primeiro premio na categoría de banda deseñada pola súa obra O Capricho; Sergio de Arcos (de Ponteareas, nome artístico de Sergio Ocampo González) o terceiro por O xermolo da roseira; e Anxel Carramal Fernández un áccesit pola creatividade de Jannyt.

Brais Fierro Fuentes tamén acadou un galardón por Vilzavar, como gañador do segundo posto nesta área de cómic deo Xuventude Crea 2021; e Antón Yáñez Souto levou o outra mención de honra por Proxecto mandrágora.

Agora mesmo, De Arcos traballa na publicación do manga, Mental Process: Trust, que vai publicar Retranca, a editorial que leva Da Silva.

O Garaxe Hermético, proxecto educativo con andaina desde 2012, vai engadindo sona neste 20211 xa que hai meses, Nuria Martínez Carbó e Fernando Iglesias Mouta-Kohell, alumna e profesor da escola, respectivamente, resultaron gañadores de dous Premios Curuxa, iniciativa do Museo do Humor de Fene.

Nestos case dez anos de traxectoria, esta escola recibiu o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada 2012 e dous dos seus alumnos, Miriam Iglesias e Sergio Sink tiveron o Premio Internacional de Escolas de Cómic, en 2018 e 2020, de xeito respectivo.

“Das súas aulas saíron máis de 25 de libros de banda deseñada en galego”, dos que, o centro destaca na súa nota de prensa obras como Tam, de Anémona de Río; Curuxa de Fon ou O derradeiro libro de Emma Olsen, de Pablo Prado, “que adapta a novela homónima de Berta Dávila e que recibiu o Follas Novas como Mellor Banda Deseñada 2020”.

Por outra banda, en colaboración con Xerais, este centro da cidade do Lérez artella os galardóns O Garaxe Hermético, que gañaron Anémona de Río con A proba de auga e Miguel Rojo e Pablo Prado, con Nerea e o príncipe da sorte.

MOCIDADE DE ENTRE os 16 e os 30 anos. Xuventude Creae é un certame galego de creadores novos, idea da Consellería de Política Social con 14 especialidades: artes plásticas, banda deseñada ou cómic, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación. É un programa de apoio para mocidade de Galicia (ou ben residentes) non profesional, con idades de entre os 16 e os 30 anos.

09 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.