Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premios as mellores transferencias da ciencia a sociedade

A RAGC galardoa unha vacina acuícola para peixes, un biomaterial para rexeneración ósea e unha tecnoloxía de recoñecemento facial

Investigadores das universidades de Santiago e A Coruña, do Cintecx da Universidade de Vigo e da spin-off viguesa Alice foron galardoados con Premios á Trasnferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021 polas súas investigacións que levaron a desenrolar unha vacina para infeccións bacterianas en peixes na acuicultura, a fabricación de biocerámicas, a partir de dentes de tiburón, para a súa aplicación clínica como enxerto óseo en odontoloxía e traumatoloxía e, finalmente, unha solución de verificación de identidade durante o onboarding.

Os recoñecementos son fallados pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, e están destinados a recoñecer traballos de investigación aplicada, casos de éxito en transferencia de coñecemento e casos de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía.

Nesta sétima edición recibíronse un total de 32 propostas para as tres categorías do certame.

O premio Francisco Guitián Ojea a un traballo de investigación aplicada, dirixido a recoñecer a creación, a cargo dun grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia, recaeu nun proxecto titulado Utilización de proteínas da parede celular bacteriana como base para a formulación de vacinas de subunidades con aplicación en acuicultura.

O xurado valorou a calidade da investigación e a importancia da temática de técnicas de bioloxía molecular para a produción de novas vacinas cara a prevención de enfermidades de peixes en acuicultura mariña.

Neste traballo, desenvolveuse unha nova vacina contra a enfermidade coñecida como fotobacteriose, unha infección bacteriana de gran relevancia na acuicultura de peixes.

O premio Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía dun grupo de investigación foi para o proxecto “Biofast–Biomaterial para rexeneración ósea”, do grupo de investigación de Novos Materiais do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) da Universidade de Vigo (UVigo).

O xurado valorou o desenvolvemento e transferencia dun produto biomédico innovador cunha excelente aplicación en traumatoloxía, odontoloxía e maxilofacial.

A investigación consistiu en desenvolver un proceso de fabricación de biocerámicas, a partir de dentes de tiburón, para a súa aplicación clínica como enxerto óseo en odontoloxía e traumatoloxía.

Por último, o premio Ricardo Bescansa Martínez a un caso de éxito de implantación de tecnoloxía transferida foi para a posta en marcha da spin-off Alice Biometrics S.L. –www.alicebiometrics.com – xurdida da colaboración co Centro Tecnológico de Telecomunicaciones de Galicia –Gradiant–. A firma desenrolou unha tecnoloxía de recoñecemento facial para evitar fraudes como a suplantación de identidades.

O xurado valorou especialmente o carácter innovador da tecnoloxía de identificación de identidade no proceso de rexistro dixital e o éxito temperá no mercado.

6.000 euros
o xurado

··· O xurado estivo composto pola secretaria da RAGC, Pilar Bermejo, que actuou como presidenta; e os vogais Alicia Estévez Toranzo, vicepresidenta da RAGC; Fernando Pérez González, responsable de publicacións da RAGC; María Diéguez Gómez e Elena Polo Prieto de Gain, Norberto Penedo Rey do IGAPE, e Luis Alfonso Álvarez Sestelo da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

··· Os tres traballos distinguidos recibirán un premio de 6.000 euros cada un e un diploma acreditativo.

25 jun 2021 / 17:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.