Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentan a imaxe oficial da vinte e cinco edición do OUFF

O presidente da Deputación ourensá deu a coñecer o cartel deste certame de cine

Ourense. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polos coordinadores artístico e cultural do OUFF, Miguel Anxo Fernández e Aurelio Gómez Villar, respectivamente, deu a coñecer onte no Pazo Provincial a imaxe oficial da 25ª edición do Ourense Film Festival (OUFF). O cartel, obra do pintor Baldomero Moreiras (Celanova, 1955), destaca polo seu colorido e forza plástica, incorporando elementos que fan referencia a algúns dos monumentos máis destacados da capital ourensá como é a ponte romana.

Manuel Baltar salientou “a singularidade que este ano terá o festival, que acada o seu cuarto de século, sendo o evento máis importante do audiovisual galego e o de maior proxección cultural da nosa provincia”, e puxo de relevo “o traballo que vén desenvolvendo todo o equipo do OUFF, que permitirá nesta esta edición superar ás convocatorias anteriores a pesares das especiais circunstancias que por mor da pandemia está a padecer a cultura xunto cos demais ámbitos da nosa sociedade”. A obra de Baldomero Moreiras que da imaxe ao OUFF caracterízase por ser tamén exuberante e creativa, ao igual que a figura do cineasta Federico Fellini, do que colle inspiración. O italiano será este ano protagonista, xa que se lle dedica un dos ciclos temáticos que forma parte da programación do festival.

Moreiras é un dos pintores actuais máis relevantes no panorama ourensán e foi autor varios anos dos carteis das festas de Ourense. Tamén realizou unha ducia de carteis para distintos concursos e eventos, e varias exposicións temáticas na cidade de Ourense ao longo da súa carreira.

Coa autoría local do cartel, continúase coa tradición de implicar a artistas ourensáns. O pasado ano, o pintor Alexandro foi o encargado de facer o cartel da sección Cine e Auga e no 2018, o cartel da Sección Oficial foi obra do deseñador carballiñés Suso Obenza.

Mantéñense as datas previstas do 25 de setembro ao 3 de outubro para o 25 aniversario do OUFF. Esta edición tan especial virá marcada pola situación actual, que obrigará a tomar medidas como a redución do aforo para proxeccións e eventos, que seguirán sempre as medidas sanitarias recomendadas. ECG

09 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.