Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 27 enero 2022
19:47
h

Presenza equitativa do galego na televisión
coa ‘Iniciativa Xabarín’

Busca garantir o uso do idioma tanto en TVE como nos diversos portais de ‘streaming’

Santiago. Xa deu comezo a segunda fase da Iniciativa Xabarín para garantir a presenza equitativa do galego na programación audiovisual do Estado español. Con este obxectivo, os representantes da Mesa pola Normalización Lingüística e de entidades culturais e educativas presentaron onte en Compostela a campaña Queremos galego no audiovisual, coa que comeza esta nova estapa para incluír o galego no proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que está a ser elaborado no Estado e que se presentará nos próximos meses.

A Iniciativa Xabarín, refrendada con máis de 33.000 sinaturas e co acordo unánime do Parlamento galego, esixía -ademais de aumentar a programación infantil de calidade nas canles da CRTVG - garantir o acceso a todos os contidos audiovisuais en liña con opción dobrada e lexendada, así como informacións e audiodescricións en galego.

Neste sentido, ademais de promover os acordos do parlamento galego coas produtoras e distribuidoras de contidos, a Inicativa Xabarín instaba a que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual “recoñecese a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe, e audiodescricións nas canles e plataformas lineais ou baixo demanda.

A Mesa pola Normalización Lingüística enviou o pasado 10 de xullo as alegacións correspondentes á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual á Secretaría de Estado de Telecomunicacións solicitando o recoñecemento da pluralidade linguística como principio básico; o estabelecemento dunha porcentaxe idéntica ao castelán nos contidos mínimos en galego e nas outras linguas cooficiais tanto para televisión como plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video e mais no deber de financiamento anticipado a obra audiovisual europea; a incorporación do galego e das outras linguas cooficiais nos subtítulos, dobraxes e audiodescricións, nos mesmos contidos que o castelán; a consideración da lingua galega como contido de interese xeral en audio ou texto escrito (dobraxe, subtítulos, audidescricións); e asegurar o cumprimento do artigo 42 da Iniciativa Xabarín que permita a reciprocidade entre Galicia e Portugal. REdacción

15 jul 2021 / 20:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.