Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Primeiras mulleres científicas de noso

acaba de ser publicado o libro de Xoana Pintos: Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago. Serie feminismos. Editorial Galaxia, (2021). No seu limiar sobre a educación e o xénero, a autora xa nos advirte o lonxe que aínda esta de ser unha realidade en todo o mundo. Porén, ninguén se atrevería hoxe en dia a cuestionar a igualdade intelectual das mulleres e o seu dereito á educación.

No limiar do libro aparece a portada do libro de Novoa Santos (1885-1933): La indigencia espiritual del sexo feminino. Las pruebas anatómicas, fisiológicas y psicológicas de la pobreza mental de la mujer. Su explicación biológica (1908). Os profesores Novoa Santos e Jose Pérez L. Villamil, eran dos poucos coñecedores das investigacións do creador da psicanálise S. Freud.

Novoa Santos, na súa intervención do curso académico 1920-1921 arredor do “problema do mundo interior” fala da teoría do inconsciente freudiano. Tachado de “panteísta” pola igrexa compostelá, prohiben a lectura desa intervención. O seu libro, de alto nivel científico: Manual de Patologia General (1916-1919), é considerada como unha obra de referencia académica no eido universitario.

Novoa Santos participa da historia do antifeminismo con base científica? Porque forma parte desta corrente? No terreo practico, tal como apunta Xoana Pintos apoiou as mulleres no seu grupo de investigación, como foi o caso das xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, participando 5 mulleres médicas nunha equipa de 29 facultativas, proporción moi alta das que había na Universidade española. Anarquista e progresista, desde a súa posición científica estaba convencido da indixencia feminina, namentres que noutros temas mostrábase e con vehemencia con posicións moi heterodoxas. Deputado na II República, tomou posición en contra do dereito o voto das mulleres.

Das moitas referencias que ofrece o libro de Pintos, sobre a educación en España, das mulleres nas universidades de Europa, do seu contexto social, da súa decisión de estudar e o paso pola universidade, na miña condición de médico detívenme nas primeiras mulleres que pisaron as aulas da Facultade de Medicina. Ademais das citadas Fernández de la Vega (Vegadeo), nomear a María Piñeiro Estrella (Santiago); Pilar Lago Nuñez; Eloisa Ribadulla Álvarez (Sada); Olimpia Valencia López (Ourense); María de la Paz Parada Pumar (Ourense) ou Rut Selbmann odontóloga (Vilagarcía).

O fillo, desta ultima Jorge Lindner Selbmann, compañeiro de bacharelato (Pontevedra), e na Facultade de Medicina (USC), tamén odontólogo morreu en 2020.

Elisa Fernández de la Vega, casou co catedrático de Anatomía Gumersindo Sánchez Guisande. De Izquierda Republicana, exiliouse na Arxentina en 1936. Médico de Castelao, co seu fillo Wenceslao Sánchez Fernández de la Vega, manteño, a dia de hoxe, aínda unha entrañable correspondencia.

Fernanda Monasterio, estudou medicina: os homes tiñan a chave, a bicicleta e os catro libros -que eran catro na miña casa-. Co transcurso do tempo –pola teimosía, a obstinación, a rebeldía e unha magnifica avoa que me dicía en galego que non lle fixese caso a ninguén e que fixese o que me petase -tiven a chave, saltei pola ventá ou polo tellado e tiven o bote, e tiven a bicicleta, e tiven o cabalo...e tiven os catro libros.

Xoana Pintos, nos agasalla cun libro necesario e trata de facer visibles as mulleres pioneiras universitarias e científicas de noso. Non quero rematar esta crónica, sen comentar a faceta como actriz de Pintos, nos filmes de Margarita Ledo: A cicatriz branca (2012) e a derradeira Nación (2021).

12 jun 2021 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.