Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Primeiros pases xa da Sección Oficial dunha nova edición da MICE

A programación continuará hoxe cun formato mixto que combina as sesións presenciais coa proxección en línea desde a web Festhome

A programación da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) xa está na súa nova andaina logo da inauguración de onte coa participación d a directora da MICE, Ana Estévez; a cineasta Sabela Iglesias; o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; a directora de fotografía Pilar Abades; a cineasta Adriana P. Villanueva; a concelleira Mercedes Rosón; e o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas.

E a MICE continuará hoxe cun formato mixto que combina as sesións presenciais de tres películas da Sección Oficial coa proxección online a través da plataforma de Festhome. Os primeiros pases físicos terán lugar entre o Museo do Pobo e o Teatro Principal. No primeiro espazo, ás 17.00 horas, proxectarase Skatepark de Jonatan Lyrefelt e Kim Ekberg, un filme que se achega á comunidade de skaters. Ás 19:00 horas no Museo será o pase de De los nombres de las cabras, de Miguel G. Morales e Silvia Navarro. Inmerso nos mitos coloniais un arqueólogo percorre as últimas casas cova en Canarias interrogando a vellos pastores para atopar os restos dos antigos aborixes que habitaban eses lugares. Cine Indie Lisboa en 2019.

Por outra parte, tamén se poderá ver dentro da Sección Oficial Entre pastores e lobos, de Manuel Pedrosa. Será ás 20:00 h.. no Principal coa presenza do director e actores.

07 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.