Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Principia xa a nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos

Van ser dúas semanas para a apertura do hórreo romano e tamén a comprobación alá dun posible columbario

A Xunta de Galicia inicia xa unha nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos, en Sober, onde xa se actuou nos últimos anos sacando á luz numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o século I ata o século V.

Nesta ocasión, en colaboración co Concello de Sober, os profesionais da empresa Tempos Arqueólogos traballarán durante dúas semanas na zona. En concreto, a actuación que se porá en marcha consistirá na realización de dúas sondaxes manuais no ámbito do xacemento. A primeira delas levarase a cabo na zona onde apareceu o pasado ano unha estrutura tipo hórreo co fin de ampliar a área escavada para a súa mellor caracterización. Trátase dun achado que podería converterse no máis grande de Galicia e no primeiro da Comunidade vinculado a unha gran vila romana.

A segunda sondaxe, pola súa banda, centrarase nunha zona do xacemento próxima a igrexa de Santa María de Proendos para comprobar a posible existencia dunhas estruturas circulares que forneceu o xeoradar e que poderían ser un columbario romano.

A iniciativa complétase con accións de difusión e coa realización dunha memoria técnica que contribúa a divulgar os traballos feitos e o valor deste xacemento.

Cómpre lembrar que neste lugar tense constatado desde antigo, a través de achados casuais e intervencións non sistemáticas, a aparición de significativas evidencias materiais de adscrición romana que van desde un gran número de fragmentos de tégula, ladrillos e cerámica, ata varios fragmentos de columnas, capiteis, basas, epígrafes e restos de canalizacións de granito, moitos dos cales aínda se conservan nos muros de peche e no interior das casas do actual pobo de Proendos.

constataron a existencia dun hipocausto Os últimos traballos impulsados neste xacemento xa constataron a existencia dun hipocausto, unha estancia oca que os romanos adoitaban construír debaixo do chan nos cuartos das vivendas e nos baños para que circulara o aire quente.

Tamén se localizou nesta zona unha ábsida circular, un elemento arquitectónico de orixe romano presente tanto en edificios relixiosos como seculares, e unha hipotética horrea romana.

A estas achegas súmanse os numerosos materiais ou os restos das estruturas das edificacións, que xa foron localizadas a un nivel moi superficial nas primeiras xornadas de traballo, ou a aparición dun mosaico romano que non se conserva íntegro, pero do que si apareceron varios fragmentos reducidos.

Hai que embrar que a prospección xeofísica levada a cabo polo Concello de Sober no ano 2019 xa permitiu constatar a existencia de, polo menos, un complexo de hipocaustos de extensión considerable, varios elementos de posible carácter público e de servizos, posibles estruturas de habitación, unha probable trama urbana ou estruturas funerarias, así como un hipotético sistema de condución de augas.

Este tipo de traballos onde a nivel arqueolóxico colaboran mesmo as administracións públicas, coa Xunta de Galicia en primeiro lugar, e as empresas privadas, axuda a darlle pulo o patrimonio cultural galego, o cal é parte dunha oferta turística que está a medrar en fama, despois de todo o éxito do Camiño de Santiago desde hai anos é un empurrón para o resto de atractivos monumentais da nosa comunidade.

14 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.