Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Produtores españois buscan acordos para as súas iniciativas

Do total de traballos presentados, seis correspóndense cos proxectos que participaron na primeira edición da incubadora I+P

A Coruña foi o escenario onte, da celebración da 16ª edición do pitching “I+P, Ideas para Producir” na que participan máis dun centenar de profesionais do audiovisual de toda España. O “I+P, Ideas para Producir”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, conecta proxectos audiovisuais en distintas fases de desenvolvemento con canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel e ten como obxectivo favorecer acordos comerciais para a produción ou a venda de novos proxectos.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou no acto de clausura do evento, onde dixo que iniciativas como esta son necesarias para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, e destacou aposta que fai a súa cidade pola cultura e o cine, citando algunhas das actividades desenvoltas na Coruña arredor do mundo cultural e audiovisual.

Os responsables dos 17 proxectos participantes presentaron, no Centro Ágora coruñés, e en intervencións de dez minutos, os seus traballos diante dunha vintena de executivos do audiovisual que asisten desde onte ao “I+P, Ideas para producir” na Coruña. O panel de expertos da presente edición está conformado por Maite López Pisonero, subdirectora de Cine de RTVE; Gemma Vidal, produtora executiva de Atresmedia Cine; Lucía Alonso-Allende, subdirectora de Ficción de Atresmedia TV; Jorge Tuca, director da Área de Desenvolvemento de Proxectos de Telecinco Cinema; Carmen Socías, xefa de Análise de Guión no Departamento de Ficción de Mediaset España, Lara López, do departamento de Compras de Dereitos Audiovisuais de Cine Español e Independente, e Ana Diez e Alba Menor, executivas de Desenvolvemento de Series Orixinais, de Movistar Plus+; Pilar de las Casas, vicepresidenta da área de Ficción en AMC Networks Southern Europe; Fernando R. Ojea, director de Contidos de CRTVG, e Montse Besada, xefa do Servizo de Contidos de TVG; Esther Dueñas, produtora executiva no Departamento de Cine e Ficción de TV3; Natalia Martínez, directora de Contidos de Aragón TV; Andrés Longares, xefe de Produción Local de Warner Bros. Discovery; Inmaculada Castaño, delegada en Galicia de Filmax; Fernando Riera, responsable de Distribución de Cine Español e Coproducións de A Contracorriente Films; Nerea Bautista, responsable de Desenvolvemento de Contidos e Series de Ficción de DeAPlaneta; Tony Albert, CEO de Motion Pictures Entertainment, ou Carlota Dans, do Departamento de Contidos de Portocabo.

Proxectos participantes. Do total de traballos presentados onte seis correspóndense cos proxectos que participaron na primeira edición da incubadora I+P, INCUBA posta en marcha polo Clúster coa financiación do ICAA (Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais do Ministerio de Cultura) dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con Fondos Europeos Next Generation EU.

Estes seis títulos son as longametraxes de ficción “Sonámbulo”, de Vaca Films, e “As defensas”, de Cósmica Producións; a longametraxe documental “Juliette y Camille”, de Sétima; as series de ficción “Nexo”, de Voz Audiovisual, e “Una de bravas”, de Kaboga art & films, e a serie de animación “Cebra con lunares”, de Sygnatia.

03 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.