Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Prómine Singular, elixido mellor viño tinto de Galicia

enoloxía. Na XXXII edición da Cata dos Vinos de Galicia, o viño Prómine Singular de Bodegas Petrón da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recolleu onte o Acio de Ouro ao mellor tinto de Galicia.

Na entrega destes premios que se celebraron na Cidade da Cultura de Santiago, o presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, deixaba unha mensaxe de unidade, “debemos manternos traballando unidos e con ilusión por seguir adiante.”

A pasada semana xa recibiran premios desta XXXII edición como os mellores de Galicia, tres viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra: O Acio de Ouro tinto para Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Colleiteiro e Pequenas adegas. Acio de Ouro tinto paraAcivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira. Acio de Prata tinto para Tradición de Adega Vella, Jorge Feijoo González, na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira.

Ademais dos premios a nivel galego, dentro da Denominación de Orixe. Ribeira Sacra resultaran premiados co Acio de Oro tinto o Prómine, de Bodegas Petrón S.L.; e co Acio de Plata tinto o Peza do Rei, de Adega Cachín S.L.

Os viños de Bodegas Petrón están catalogados como viños de Amandi. As variedades de uva de que dispoñen son mencía e garnacha. ECG

20 nov 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.