Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Promoción de produtos galegos de calidade en Xantar

OURENSE A Xunta, a través das consellerías do Medio Rural e do Mar, estará presente na 22ª edición de Xantar, o Salón internacional de turismo gastronómico que se celebra en Ourense do 3 ao 7 de novembro para facer promoción dos produtos de calidade do agro e do mar da nosa comunidade.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, desenvolverá un amplo programa de actividades con 14 obradoiros e degustacións nos que se poderán coñecer e probar produtos galegos con Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida.

É o caso do mel, as carnes (por primeira vez haberá unha degustación de vaca galega/boi galego), as augardentes, os produtos ecolóxicos, o pan, as patacas, os grelos, os queixos ou as castañas. Estes talleres serán impartidos por seis diferentes chefs de prestixio.

Os viños, as augardentes e os licores tradicionais de Galicia terán unha presenza destacada cun túnel de degustación de 168 m² no que poderán coñecerse as marcas gañadoras do concurso oficial Acios de Galicia e outras propostas enolóxicas.

Ademais, Medio Rural contará en Xantar cun espazo de 36 m² onde se dará información sobre os produtos galegos e que contará cunha exposición deles.

Catorce empresas acompañarán á Consellería para expoñer os seus produtos, nun espazo de 84 m².

A Consellería do Mar acudirá cun posto de 48 m2 no que difundirá a calidade dos peixes e mariscos galegos coa campaña Galicia sabe amar e organizará na Aula Mar de Xantar unha decena de degustacións.

O venre, coincidindo co día que esta feira dedica ao mar, celebraranse dous obradoiros das campañas Ti si que es un bo peixe e Fai clic ao teu bocata para a promoción do consumo de peixes e mariscos e de conservas entre o público infantil.

Os obradoiros programados por Medio Rural porán en valor, entre outros aspectos, a maridaxe entre os queixos con indicativo de calidade e a auga termal. Será o mércores, cun taller impartido polo chef Miguel González, un dos profesionais participantes. redacción

31 oct 2021 / 17:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.