Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Promoción do talento na era dixital en Galicia

Comeza unha nova edición do programa DigiTalent, idea innovadora que impulsa Amtega

O Plan para a Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, promovido pola directora de la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (Amtega), inicia o curso cun novo catálogo de actividades. As súas propostas se abordaron nunha xuntanza de traballo presidida polo director da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Miguel Rodríguez Quelle, e na que tamén se fixo balance das 34 actuacións que se desenvolveron no curso 2020-2021.

Para espertar o interese polos estudos STEM entre os máis novos abrirase en breve o prazo para inscribirse no programa Tecnólog@ por un día, que ofrece a rapaces e rapazas de ata 17 anos a oportunidade de desfrutar dunha de xornada completa de inmersión en proxectos reais da man dos responsables de talento e profesionais sénior das empresas colaboradoras.

Como novidade, coa volta á presencialidade desta iniciativa, os nenos e nenas participantes, que realicen a súa visita en Amtega, terán a posibilidade de visitar as instalacións como o GaiásTech, onde realizarán actividades lúdico-formativas na sala inmersiva con imaxes 360º e lentes de realidade virtual.

Esta nova edición de DigiTalent lanza un ciclo de Webinars TransformaTech Sessions, que afondarán en temáticas relativas á Industria 4.0 e tecnoloxías disruptivas ligadas ao Big Data, a ciberseguridade ou a Intelixencia Artificial. As xornadas estarán orientadas a todo tipo de profesionais que desexen especializarse neses ámbitos e contarán cun servizo de titorías online.

Doutra banda, a Amtega porá en marcha o Programa de Mentoring FP, no que alumnos e alumnas de Formación Profesional do ámbito STEAM contarán coa colaboración dunha rede de mentores que resolverán as súas inquedanzas laborais.

11 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito