Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pulo á cultura galega no mundo coa Ley de Acción Exterior

Rueda participou na xornada para informar da norma aos axentes culturais no seu aniversario

A Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega ( CCG) coincidiron onte en destacar as oportunidades para a promoción da cultura galega no estranxeiro que ofrece a lei de acción exterior aprobada hai apenas un ano no Parlamento autonómico.

Así o expuxo, en representación do Goberno galego, o vicepresidente primeiro Alfonso Rueda, que participou na mañá de onte na charla inaugural da xornada Axentes culturais e proxección internacional da nosa cultura na sede do CCG en Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Rueda valorou o esforzo realizado para tramitar esta lei de acción exterior, coa que recalcou poucas autonomías contan, e observou que, un ano despois da súa entrada en vigor, “ten aínda moita capacidade de desenvolvemento” en diferentes ámbitos.

Desta forma, mostrouse disposto a traballar para “difundir” a lingua galega, as expresións culturais propias e todo aquilo que vai ligado á identidade galega no mundo; dado que -agregou- a cultura é unha forma “de unir aos pobos cando todo ponse en cuestión” e, en alusión á guerra entre Rusia e Ucraína, é tamén “una das armas para acabar con estas situacións canto antes”.

“Por iso fixemos todo o que fixemos e estamos agora onde estamos”, sostivo o vicepresidente autonómico.

Rueda valorou o papel que xoga o Consello da Cultura Galega nestas cuestións e comprometeuse a darlle “as ferramentas” para que poida cumprir a súa función “con todas as garantías xurídicas”.

Pola súa banda, a presidenta da entidade cultural, Rosario Álvarez, afirmou que esta lei de acción exterior “ten que ser unha axuda indispensable” para “ internacionalizar” a cultura galega.

Álvarez manifestou que a acción exterior forma parte da “vocación” do Consello desde “o seu propio nacemento” e indicou que esta non só pasa pola promoción do idioma galego, senón pola competición das expresións culturais galegas nun panorama internacional en igualdade de condicións.

09 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito