Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

R cobre case o 80 % de Galicia cos seus servizos avanzados

Máis de un millón de fogares e empresas están conectados á rede de fibra óptica desta compañía

R deu grandes pasos para mellorar a cobertura dos seus servizos no territorio galego, intensificando os traballos de mellora e despregamento da súa rede de fibra óptica durante os últimos meses, en resposta á petición de cidadáns, empresas e concellos que viñan demandando a chegada do operador galego ás súas localidades.

Paralelamente, completou eses accesos directos á súa rede de última xeración, con acordos para compartir infraestruturas con outros provedores, e na actualidade máis de 1.200.000 fogares e negocios da comunidade galega poden gozar dos servizos avanzados de R a través de fibra óptica.

Desa cantidade, 1.010.000 residencias particulares e empresas de 143 localidades galegas están conectadas directamente á rede de R, que sumará á súa infraestrutura cando se peche 2021 preto de 30.000 inmobles máis, froito dos traballos do Plan Avanza (24.000 fogares e empresas) e doutros despregamentos.

De feito, no último ano incorporáronse á rede de R, directa ou indirectamente, preto de 133 novos concellos que ata o momento tiñan limitacións importantes de conectividade con fibra. R, pioneira en Galicia no despregamento de fibra óptica, desenvolve dende hai máis de dúas décadas traballos de obra civil e canalización para lles achegar os seus servizos avanzados de telecomunicacións ao maior número de persoas e empresas de Galicia.

Nun territorio de difícil orografía, onde moitas veces é complicado ou mesmo imposible despregar a solución óptima da fibra, o operador galego buscou alternativas para facer chegar a súa oferta a fogares e negocios da comunidade.

E así, en 275 concellos, arredor dun 88 % dos 313 que conforman Galicia, os seus habitantes poden dispor dos servizos de última xeración de R.

Ao peche deste ano, preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas van quedar preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

19 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.