Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ramón Santamarina, el patrón de estancias, en ‘Facendo as Américas’

Chica Sobresalto e Cristian Silva serán as estrelas desta noite no programa ‘Bamboleo’

Santiago. O hacendado e empresario agropecuario Ramón Santamarina, natural de Ourense, protagoniza hoxe a sexta entrega do programa Facendo as Américas. Trátase da nova aposta de Televisión de Galicia para dar a coñecer a personaxes galegos ou con raíces galegas que un día decidiron emprender unha nova vida e probar sorte emigrando a Latinoamérica.

Nacido en Ourense en 1827, a traxectoria deste emigrante é unha mestura de ascenso e traxedia, unha vida digna dunha película. Queda orfo de neno e tras pasar un tempo nun hospicio decide coller un barco cara a Arxentina e instalarse na Pampa, no pobo de Tandil.

Alí comeza a traballar como como peón de campo e co que gañaba vai comprando bueyes e carretas, iniciando un así un negocio co que foi creando a súa fortuna. Un total de 33 estancias, 281.727 hectáreas, 20.000 vacas, 700.000 ovellas, etc. e importando materiais e maquinaria para que Tandil progresase. Ramón Santamarina foi un visionario e o seu espírito emprendedor levouno a ver as oportunidades dun país que estaba en crecemento.

Falan dos descendentes. Dous dos seus descendentes contarannos a historia familiar, as luces e as sombras que se esconden detrás da súa épica traxectoria.

Por outra banda, o programa Bamboleo, o espazo de entretemento dos sábados na Televisión de Galicia, regresa mañá á noite ao prime time da cadea.

Xosé Manuel Piñeiro recibirá a visita de dous artistas destacados no panorama musical: Chica Sobresalto e Cristian Silva. A que fora unha das concursantes revelación da última edición de Operación Triunfo, Maialen Gurbindo, que adoptara o nome artístico de Chica Sobresalto, publica disco. Este traballo, que leva por título Sinapsis, é unha viaxe polo sistema nervioso da pamplonesa con títulos tan suxestivos como Fusión del núcleo ou Dopamina. ecg

09 jul 2021 / 15:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.