Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recoñecemento a Alba Gallego, García Mera, Villarmea e J.M. López

Foron distinguidos cos Premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual

Santiago. Alba Gallego, Ester García Mera, Iván Villarmea e José Manuel López foron galardoados onte na cerimonia de entrega da cuarta edición dos Premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual, nun acto no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.

Os María Luz Morales son unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta co patrocinio das catro deputacións provinciais galegas. Dende 2017 premian o labor investigador sobre o sector en catro categorías: Ensaio escrito sobre audiovisual galego, ensaio escrito sobre audiovisual internacional, videoensaio sobre audiovisual galego e videoensaio sobre audiovisual internacional.

Alba Gallego (1994) gañou o premio ao mellor videoensaio sobre o audiovisual galego con O vídeo esquecido.

Ester García Mera (1997) acadou a distinción en Videoensaio sobre Audiovisual Internacional con Le temps (ne) detrouit (pas) tou.

Iván Villarmea (1981) resultou gañador na categoría de mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego con Leña aos ollos! A paisaxe forestal no Novo Cinema Galego.

José Manuel López (1974) foi o gañador na categoría de mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional co seu traballo Lixar a túa alma: Shame, de Steve Mcqueen.

O acto contou cun presentador e unha actuación.

O actor e cómico pontevedrés David Amor foi o encargado de conducir un acto no que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, actuou como anfitrioa e ao que asistiron o deputado responsable de Cultura da Deputación de A Coruña, Xurxo Couto; a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Ana Míguez.

A viguesa María Villanueva ofreceu un repertorio baseado na relación de María Luz Morales co cinema.

Ana Míguez quixo destacar que “os traballos seguiron aumentado respecto das edicións anteriores, nunha liña de consolidación dos premios entre a comunidade investigadora”, e manifestou o seu orgullo polo aumento da presenza de mulleres.

O xurado estivo composto pola profesora e investigadora da USC María Teresa Vilariño, a docente e investigadora María Soliña e a xornalista Belén Regueira. ecg

30 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito