Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recopilan os artigos xornalísticos máis enigmáticos de Cunqueiro

‘O labirinto do Imperio Secreto’ é unha edición realizada por Miguel González Somovilla

Mondoñedo. A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo (Lugo) publica O labirinto do Imperio Secreto de Miguel González Somovilla, terceiro caderno da súa Colección Selva de Esmelle, iniciada o ano pasado por estas mesmas datas.

Este novo volume, impreso o 22 de decembro de 2020 para conmemorar o natalicio do grande escritor mindoniense (1911-1981), ofrece unha antoloxía de vinte artigos en castelán, publicados en distintos medios entre 1959 e 1976, todos eles procedentes dunha das series xornalísticas máis enigmáticas de Álvaro Cunqueiro. A través destes textos, o autor recrea unha sociedade imaxinaria, distópica, con cidadáns que habitan un suposto Imperio Secreto rexido por sucesivas dinastías de gobernantes.

A selección e a edición dos artigos reunidos neste libro, así como a introdución que precede aos textos cunqueirianos, estivo a cargo do xornalista Miguel González Somovilla que o elaborou durante os meses de pandemia tras unha suxestión de César Cunqueiro, para a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro que coordina o profesor e crítico literario Armando Requeixo. ECG

24 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.