Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recordando a unha personaxe literaria: Blanca Álvarez

O 14 de febreiro tróuxonos a mala nova do falecemento da novelista, ensaísta e poeta Blanca Álvarez (Cartavio, 1957-Oviedo, 2021) quen destacou no sistema literario infantil e xuvenil castelá. Aínda que non foi o virus o causante da súa morte, posiblemente foi vítima de danos colaterais.

Blanca Álvarez non será esquecida debido á cualidade da súa obra que a levou a ser recoñecida noutros sistemas literarios a través da tradución, como é o caso do galego. Convertiuse así nunha das personaxes literarias que nunca desaparecen porque a súa obra trascende e mesmo supera a personaxe. Sempre a favor das mulleres e moi premiada polo seu bo facer, déixanos en galego obras que invitamos a reler, como As fontes do destino (2003), Palabras de pan (2005) e Agardarei por ti en África (2008), que nos achegan ao ambiente da guerra civil, e Búscase mozo principesco (2004), que presenta un novo rol das princesas.

blanca.roig@usc.es

22 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.