Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recuperación oral da Raia co novo proxecto de Meniños Cantores 2

Ata dezasete colexios na fronteira galego-portuguesa gravaron una canción da zona con axuda de artistas

Santiago. O Consello da Cultura Galega ( CCG) presentou onte o proxecto Meniños Cantores 2, iniciativa que busca recuperar o patrimonio oral galego-portugués a través da achega de 17 colexios na fronteira entre Galicia e Portugal.

Cada centro escolleu unha canción da súa zona e gravouna coa axuda de artistas “consagrados” no panorama tradicional lusófono. As 18 cancións finais quedaron rexistradas nun disco, un libro e unha serie documental de catro episodios.

‘Meniños Cantores 2 é un proxecto de Ponte... nas ondas! ( PNO!), coeditado co CCG, producido por Casa de Tolos e que conta co financiamento da TVG e o programa Ou teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

No acto estiveron presentes a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora adxunta á dirección xeral da CRTVG, Rosa Vilas, e o presidente de Ponte... nas Ondas!, Santiago Veloso, entre outros.

A primeira edición do proxecto lanzouse en 2005 e formou parte da candidatura ao Patrimonio oral e inmaterial galego-portugués para a Unesco. Esta segunda edición, 16 anos máis tarde, coincidiu co 25 aniversario da asociación PNO!, así como coa súa candidatura ao Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial e as axudas Ou teu Xacobeo.

En palabras da comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, esta iniciativa era a “mellor forma de investimento” que podían ter xa que trata sobre o “patrimonio galego, é intergerenacional, contén aprendizaxe e é de alta calidade”.

Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou o traballo do proxecto como forma de promoción da lingua “non só dos nenos senón tamén das familias” e como “un exemplo de boas praxes do galego fose do ámbito escolar”.

Seguindo esta liña, o presidente de PNO! indicou que o proxecto “non só recolle patrimonio oral”, xa que tamén conta cun glosario onde se recollen o léxico propio de cada municipio, textos de autores galegos e portugueses como Rosa Aneiros e Marco Neves, e debuxos feitos polo propio alumnado.

Desde a dirección da CRTVG, Rosa Vilas explicou que se trata dun proxecto que “encaixa á perfección coa misión da TVG” e avanzou que a cadea pública vai emitir unha serie documental de catro episodios sobre o proxecto estas festas.

Vilas engadiu que Meniños Cantores 2 segue a liña doutros programas da TVG como ‘ Dígocho Eu’ no que teñen unha sección comparando o galego e o portugués, como unha forma de achegar a lingua aos mozos. redacción

02 dic 2021 / 19:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.