Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reedición de contos: o León e a súa reescritura

Kalandraka Editora acaba de reeditar O león Kandinga, obra de Bonifate Ofogo con ilustracións de Elisa Arguilé e traducido ao galego por Silvia Pérez. Un conto da tradición africana que o autor escoitou de neno e que reescribe para que gocemos dunha das historias dos Batú que poboan as selvas e sabanas africanas desde o Centro do Camerún ata África do Sur. Un conto moi do gusto do lectorado máis novo polo que comporta de estrita relación entre o ser humano e os animais.

Relata as feitorías dun león poderoso e malvado que foi abandonado pola súa familia e que decrépito foi axudado por unha lebre a cambio de compartir. Como Kandinga non o fixo, a lebre vengouse coa axuda da serpe negra, por iso en África dise “Se tes moito, debes compartir/cos que non teñen nada; se non o fas/arríscate a ter o mesmo final que o león Kandinga”. Ao final ofrécense interesantes biografías do autor e ilustradora.

blanca.roig@usc.es

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.