Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reedición: música e literatura cos animais de festa

Entre as novidades de Kalandraka Edicións (2021) fixámonos na reedición do libro-álbum O carnaval dos animais. Camille Saint-Saëns, realizado polo psicólogo e pedagogo coruñes José Antonio Abad e ilustrado polo portugués João Vaz de Carvalho que conxugaron oficio e intelixencia neste precioso producto cultural.

No texto relátase con frescura a preparación e celebración do aniversario do rei dos animais, o león, á que acudiron un amplo elenco de animais que se van presentado a través das súas cualidades máis salientables, mostradas nas ilustracións narrativas, significativas e simbólicas que acompañan o texto. Entre eles figuran dous homes e un piano para celebrar con música o aniversario.

A festa tínguese de escuridade co baile dos esqueletes, pero pronto a luz gaña peso. Para rematar hai uns QR con audicións da peza musical de Saint Saëns, tamén breves datos biográficos do compositor, autor e ilustrador.

m.fboo@udc.es

21 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito