Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rehabilitación duns quince bens patrimoniais da Ribera Sacra na provincia de Lugo

Os traballos, cun investimento de máis de 300.000 €, rematarán en verán e permitirán mellorar a conservación e mantemento

A Xunta de Galicia está a destinar tres millóns de euros para poñer en valor bens patrimoniais dos concellos de Lugo incluídos na pasaixe cultural da Ribeira Sacra. Así o expuxo onte o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita as obras da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, nas que o Goberno galego está invistindo máis de 300.000 €.

O titular de Cultura, que estivo acompañado polo alcalde, Juan Carlos Armesto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou a importancia do investimento para a Ribera Sacra comprometido neste exercicio, o ano da súa posible declaración como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Trátase dun esforzo orzamentario que, tal e como indicou, reflíctese nun incremento do 19 % nos fondos dedicados a conservación de bens patrimoniais. “O patrimonio cultural simboliza o noso pasado e debemos impulsar a súa recuperación para non esquecer de onde vimos e encarar o noso futuro”, afirmou.

Neste sentido, salientou que a Ribeira Sacra representa “o mellor do noso patrimonio cultural e artístico, polo que é importante que continuemos traballando na súa conservación para que siga sendo un legado vivo e unha fonte de orgullo para todos os galegos”.

No caso concreto da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, a intervención impulsada pola Xunta de Galicia, e confinanciada con fondos Feder, está permitindo mellorar as condicións de conservación e mantemento deste monumento recoñecido como Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de monumento desde 1931.

Así, o proxecto en marcha céntrase nas condicións de conservación e mantemento dos paramentos exteriores da fábrica, reparando gretas e fisuras, así como na mellora das condicións de ventilación da igrexa e elementos escultóricos do exterior do templo.

Concretamente, os técnicos están restaurando a cuberta da nave e ábsida substituindo as tellas de cerámica, a estrutura de madeira e as fiestras existentes por outras que permitan a ventilación continua.

Así mesmo, restáuranse os elementos deteriorados das portas principais e laterais da igrexa e redáctanse os proxectos de restauración dos elementos escultóricos da portada, ocos románicos e cornixas. Para poder realizar estes traballos, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade asinou un convenio de colaboración coa Diocese de Lugo.

O investimento feito neste templo forma parte dos tres millóns de euros que o Goberno galego destina a restaurar, conservar e poñer en valor bens patrimoniais en seis concellos lucenses da Ribeira Sacra desde o inicio da candidatura.

Neste sentido, Román Rodríguez precisou que desde o ano 2107 executáronse melloras en preto dunha quincena de bens da provincia de Lugo como as igrexas de Santa María de Nogueira de Miño e Santa María de Pesqueiras, en Chantada; o colexio do Cardeal, a igrexa de San Vicenzo do Pino e o convento das Clarisas, en Monforte de Lemos; o Pazo de Diomondi, en O Saviñao; no mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón e nas igrexas de Santo Estevo de Atán e de Pombeiro, en Pantón; na igrexa de San Xoán, de Portomarín, ou nas igrexas de San Vicenzo de Pinol e San Xiao de Lobios, en Sober.

20 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.