Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reivindicación dos clásicos da Lix contemporánea

Entre as distintas iniciativas que realiza Kalandraka na súa aposta por reivindicar e recuperar autores clásicos da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea, queremos salientar a recente publicación Sete chaves para abrir os soños na colección Sete Leguas. Trátase dun proxecto realizado polo escritor Alfredo Gómez Cerdá (Madrid, 1951) e o ilustrador galego David Pintor (A Coruña, 1975), no que se ofrecen sete relatos protagonizados por sete autores emblemáticos da LIX: Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes.

Unha homenaxe narrativa de Cerdá, quen elabora as historias cos recursos da fantasía e creatividade propias dos escritores homenaxeados e cun laborioso traballo de documentación previo, que anima o lectorado a afondar na vida e obra destes autores. As ilustracións de Pintor van máis alá da representación física para afondar no calado humano dos personaxes.

rociogpedreira@gmail.com

14 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito