Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Resiste o turismo galego mellor que o do resto de España ao covid

En xuño rexistrou unha caída do 83 %, nove puntos menos que a media nacional // Os últimos datos do INE amosan as primeiras cifras de reactivación no sector

A actividade turística baixou en xuño en Galicia nove puntos menos que no resto de España, rexistrándose unha caída dun 83 % fronte a un 92 % no resto de comunidades. Así, malia que o sector atravesa un momento de gran dificultade pola situación sanitaria, as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE) amosan os primeiros síntomas de reactivación tras o estado de alarma, cando a actividade foi practicamente nula debido ao peche xeneralizado.

Desde maio, coincidindo co progresivo levantamento das limitacións de mobilidade, o conxunto dos establecementos regrados –que inclúen hoteis, pensións, casas de turismo rural, cámpings e apartamentos– pasaron de recibir 6.759 viaxeiros en maio a 74.895 en xuño e de 20.102 pernoitas a 175.128. Tamén aumentaron os negocios que abriron as súas portas, pasando de 837 en maio a un total de 1.880 no mes de xuño.

Na comparativa interanual, a caída de xuño afectou especialmente ao mercado internacional. A maior parte dos viaxeiros que escolleron Galicia, en concreto dous terzos da demanda turística, optaron por aloxarse en establecementos hoteleiros.

Malia que os datos distan da evolución dos últimos anos, Galicia sitúase como a quinta comunidade con rexistros máis elevados, superando a Baleares a Canarias, que suman 48.440 viaxeiros conxuntamente na totalidade dos seus establecementos turísticos.

Desde a Xunta aseguran que mantén o compromiso de reforzar a colaboración público-privada no actual contexto sanitario. De feito, está en marcha o Plan de Reactivación do sector turístico con accións como Galicia destino seguro, dotado con oito millóns de euros, que inclúe formación, axudas para a súa adaptación, un servizo de asesoramento e diferentes colaboracións con asociacións profesionais para impulsar novos produtos adaptados.

Por outra banda, Galicia rexistrou un total 59.176 pernoctacións extrahoteleiras en xuño -en casas rurais, apartamentos turísticos e cámpines-, o que supón unha caída do 67 % respecto ao mesmo mes de 2019, cando se superaron as 180.000.

Este retroceso tamén é inferior á baixada media no Estado (-84,6 %), aínda que Galicia entrou unha semana antes na nova normalidade. Ademais, supón unha notable recuperación fronte ás cifras de maio, cando se produciron pouco máis de 9.500 pernoctacións.

Pola súa banda, houbo 18.020 viaxeiros no mes de xuño en establecementos extrahoteleiros galegos, o que se traduce nunha caída interanual do 75 % –máis de 72.000 hai un ano–. Tamén hai un forte crecemento en comparación con maio, cando se rexistraron só 1.740 persoas.

Os apartamentos turísticos (con 21.291 pernoctacións) son os que mellor resisten, ao perder pouco menos da metade das súas cifras fronte a 12 meses antes. En cambio, os cámpines perden un 70 % das súas pernoctacións (queda en 30.266) e as casas rurais sofren un esborralle de máis do 80 % (7.619 pernoctacións).

O feito é que en xuño deste ano estaban abertos menos da metade dos establecementos extrahoteleiros que hai un ano. Por exemplo, os cámpines activos son 40 (92 en xuño de 2019) e os aloxamentos de turismo rural son 213 (505 un ano antes). En prazas dispoñibles, a cifra en apartamentos turísticos sitúase en 3.553 (eran 5.682 un ano antes).

Pola súa banda, o emprego se retrae a case a metade do existente 12 meses antes. Son 807 persoas empregadas en aloxamentos extrahoteleros na Comunidade fronte ás 1.660 de xuño de 2019.

Cámpines y casas rurales aguantaron en el pasado mes
Aún así, la ocupación de este tipo de establecimientos continúa en mínimos

Madrid. La ocupación de alojamientos extrahoteleros de junio siguió en mínimos, con un descenso del 84,6 % sobre el mismo mes del año anterior, pero el levantamiento del estado de alarma permitió iniciar los viajes de los españoles, que optaron por cámpines y casas rurales más que por apartamentos.

Los datos publicados este jueves por el INE muestran que la pandemia dio la vuelta a las preferencias de los españoles y colocó a cámpines y casas rurales por encima de los apartamentos, que tradicionalmente eran la opción preferida.

Reflejan igualmente que, para tratar de impulsar la demanda, los precios de los apartamentos bajaron un 7 % y los de las casas rurales un 2,7 %, frente a una subida en los cámpines del 3,2 %.

SOLO UN 30 % ABIERTO. Aunque el 21 de junio, con el fin del estado de alarma, se permitió la movilidad por toda España, las restricciones de las tres primeras semanas llevaron a que de los 187.526 establecimientos de este tipo existentes en España sólo abrieran 56.845, un 30 % del total y un 67,6 % menos que en el mismo mes de 2019.

Las cifras agregadas de noches consumidas en todos los establecimientos reflejan que en junio se registró una caída del 92,4 %, algo más acusada en los hoteles (95,1 %). efe

31 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito