Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Retransmisión da ruta xacobea que fixo a xeración Nós en 1926

HISTORIA. O Consello da Cultura Galega reproduce a peregrinación que fixeron un grupo de galeguistas de Ourense a Compostela, entre o 8 e o 11 de xullo do ano Xacobeo de 1926, faino nun especial web no que presenta unha versión multimedia dos oito artigos publicados por Xavier Pardo en A Nosa Terra no que dá conta dos pormenores desa viaxe, na que participaron Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Lois Feixóo, Vicente Risco, Antón Sánchez e Afonso Vázquez Monxardín.Ademais, adapta para web e redes sociais aquel atípico itinerario. As contas de facebook e twitter da institución comezarán a retransmitir a partir de hoxe ese percorrido tal e como está descrito nas crónicas. O especial complétase cun artigo de Afonso Vázquez Monxardín, no que comenta a relevancia e repercusión dese itinerario. ECG

07 jul 2020 / 20:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito