Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Roberto Varela recolle nun libro, coeditado por Chan da Pólvora, a súa biografía fotográfica de nómade

NOVIDADE. “Neste libro hai imaxes, recordos, anhelos e morriña... Pero tamén esquecementos”, asegura Roberto Varela no texto co que nos introduce no seu primeiro libro, O tempo que vivimos, que estes días chega ás librarías nunha coedición de Chan da Pólvora para a Colección Onsa.

Roberto Varela, ex conselleiro de Cultura e diplomático de profesión, selecciona no libro algunhas das fotografías que realizou ao longo da última década e crea con elas unha sorte de poemas visuais, con pequenos textos onde reflexiona sobre as formas na que a vida nos vai transformando.

Nesta aventura editorial, acompáñano Luísa Castro, Antón Reixa e Ion de la Riba.

Desde hai algún tempo, Roberto Varela Faria (Dena, 1959) proxectaba recoller nun libro o seu traballo fotográfico, que ven ser unha caste de diario en imaxes dun nómade. Nova York, onde foi consul; Montevideo, onde foi embaixador, ou as praias de Dena, onde precisamente arranca o seu relato, tecen esa paisaxe interior, abstracta, e ao tempo biográfica.

Esta é a idea que lle propuxo a Chan de Pólvora, editora da que é subscritor, e que Chan da Pólvora desenvolveu como unha coedición para a colección Onsa, concibida de feito como un espazo de propostas externas.

Despois dun ano de traballo, no que o deseñador Manuel Martínez coidou especialmente o resultado técnico da impresión, chega ás librarías O tempo que vivimos, un volume con máis de cincuenta fotografías que nos descubre unha vertente ata agora oculta da personalidade deste diplomático que foi conselleiro de Cultura no primeiro goberno de Alberto Núñez Feijóo.

“Ao final”, indica Roberto Varela no texto que abre o volume, “son esas escintilacións da memoria as que conseguen escapar ao naufraxio do esquecemento. E así, lentamente, case sen nos decatar, fixemos un percorrido que chamamos vida”. ecg

21 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.