Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Román Rodríguez di que a volta de Os Resentidos “é unha inspiración”

música. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou onte na presentación de Organización Nautilus, o disco co que o grupo musical Os Resentidos, fundado por Antón Reixa, regresa ao panorama musical despois de case 30 anos. Trátase dun traballo apoiado pola Xunta de Galicia que está composto por 12 novas cancións e no que colabora como ilustrador Antón Romero, de tan só 14 anos. Na presentación de Organización Nautilus, o titular de Cultura destacou que este grupo cunha longa traxectoria e “unha inspiración para os grupos que buscan abrirse camiño no mundo da música galega”. O novo disco de Os Resentidos conta coa colaboración para o video da canción Nautilus de Antón Romero, artista de 14 anos con Trastorno do Espectro Autista que se encargou das ilustracións. ECG

22 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito