Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A cantante andaluza e o famoso comunicador de Padrón, estrelas do espazo de Roberto Vilar

A cantante Rosa López e o comunicador galego da Cope Pepe Domingo Castaño visitan hoxe Land Rober, espazo que leva Roberto Vilar na Televisión de Galicia (TVG).

Este formato acada bos datos de audiencia cada semana na grella da canle pública galega cunha mistura de entrevistas, humor e tamén chiscos de música e concursos.

Grabado en Teo nas instalacións de CTV, Land Rober ten falado mesmo con persoeiros da música que do cinema, da televisión, do deporte que da política.

O espazo de humor recibirá tamén a visita de Iván Mariñas, quen acadou fama como parte do programa de Televisión Española MasterChef 8, un reality baseado no mundo da gastronomía e que ten boas cifras de seguimento, e por iso mesmo conta con satélites como a edición Celebrity e a Junior

Por outra banda, tamén hoxe na grella da TVG, e espazo Zigzag recibe no estudio de gravación a coruñesa Julia Lago, autora do cómic Nós seis, co que gañou a 16 edición do Premio Castelao de Banda Deseñada o ano pasado. A obra, que recrea a infancia da súa avoa, é a historia de represión dunha nena ferrolá nun internado durante o franquismo. Julia Lago asiste ao programa acompañada pola súa avoa, Merchi Tella, a protagonista do cómic. O programa farase eco, por outra parte, da presentación que Albert Plá vai facer do seu novo espectáculo, Medo 2.0, no Ferrol; do arranque hoxe da oitava edición do Festival Panic da Estrada, e achegarase á música de Fuzzo. E o experto en cinema deste espazo da Galega, Ángel Suanzes, falará, entre outros filmes, de Francisca.

27 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.