Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 26 noviembre 2022
20:41
h

Rosendo Fernández mostra o apoio a Ourense como destino termal sostible

ourense. O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou onte na presentación da 20ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia, que se celebrará no recinto feiral ourensán os próximos días 29 e 30 de setembro, acto no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Desde a súa primeira edición en 1999, “Termatalia situou á nosa provincia como referente internacional no ámbito termal”, dixo Rosendo Fernández, que celebrou o regreso “dunha feira completa” logo dos cambios provocados pola pandemia. Unha volta que se produce “nunha edición de especial relevancia, pois de xeito previo sumamos a esta cita o Congreso Internacional de Turismo Termal”, organizado pola Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) e a Deputación de Ourense, co aval da Organización Mundial do Turismo (OMT) e o apoio da Xunta de Galicia. O vicepresidente primeiro quixo destacar que, ademais deste importante encontro, “tanto para a Deputación como para o Inorde é un orgullo participar na 20ª edición de Termatalia”, onde se habilitará un stand para difundir o potente sector termal da provincia. ecg

26 sep 2022 / 20:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito