Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 07 agosto 2022
20:17
h

Sandro Giacobbe, lenda viva en Italia, visitará ‘Bamboleo’

Á festa desta noite na TVG unirase tamén o artista Rubén de Lis e a orquestra Acordes, máis de trinta anos no mundo da verbena

Bamboleo contará hoxe coa presenza dunha auténtica lenda viva da canción melódica italiana, Sandro Giacobbe. Autor de éxitos como Señora mía ou El jardín prohibido, Sandro compartirá con Xosé Manuel Piñeiro e os seus colaboradores unha nova edición do programa.

O artista xenovés fíxose famoso internacionalmente na década dos setenta con cancións en italiano e en castelán, que se converteron en historia da música. Giacobbe interpretará éxitos e sinxelos novos, en que compartirá escenario coa súa compañeira, Marina Peroni.

Á festa unirase Rubén de Lis, artista de Gondomar que estará interpretando Vén a Santiago, un tema que foi elixido como o himno do Encontro Europeo de Mozos que está organizado pola Conferencia Episcopal Española.

Pola súa parte, a orquestra Acordes, unha formación que leva máis de trinta anos no mundo da verbena, encherá o estudio de ritmos actuais.

Na sección de baile profesional, o Dirtidansi, estarán Adriá e Juline, unha das parellas máis premiadas en baile deportivo na modalidade latinos. Farán dúas elegantes exhibicións de jive e chachachá.

Patri Rodríguez e Isabel Rodríguez protagonizarán o Agora ou nunca. Cantarán No puedo vivir sin ti, de Los Ronaldos, e Cómo han pasado los años, de Rocío Dúrcal.

En A jrileira competirán o Club Ciclista Riders Team de Ourense e o Club do Mar de Mugardos. Farano cantando e adiviñando intérpretes. Finalmente, coa ITV do amor chegará a sección máis atrevida do programa e tamén o momento en que os colaboradores Isi, Damián, Tamara e Javi Varela afíen a lingua para gozar do concurso.

Tras a súa estrea o sábado pasado na TVG, a presentadora e actriz María Mera dirixirase hoxe co programa itinerante Carballeira, en directo, á localidade ourensá de Amoeiro, onde indagará na rivalidade entre dúas das parroquias do concello.

Carballeira coñecerá a Nieves A Maneta, de 79 anos, que superou moitos golpes na vida, pero sempre con positividade e cun sorriso; a Pepe Pego, unha lenda do fútbol no municipio; a Brian, un mozo de 28 anos namorado da súa parroquia, Parada de Amoeiro; a Ángeles, traballadora na funeraria local, e Margarita, unha muller de 62 anos que está aberta a atopar o amor.

E por suposto, haberá música en directo, festa o baile! Unha mestura de emoción e ledicia que, sobre todo, fará que a audiencia se namore da xente destas parroquias.

O equipo de Facendo as Américas visita o Río de Xaneiro, antiga capital do Brasil e a segunda urbe máis poboada do país despois de São Paulo. É única no mundo e ningunha outra cidade se lle pode comparar en paisaxe, orografía, atmosfera ou na cordialidade das súas xentes.

Famosa pola beleza das súas praias, cerros ou lagoas, é natural que tantos galegos elixiran o Río de Xaneiro coma o seu segundo fogar.

Como foi o caso de Juan Alvite, o protagonista desta entrega, empresario hoteleiro establecido na barrio de Flamengo e home tremendamente comprometido coas causas sociais e a emigración galega e española no Brasil.

Para coñecelo polo miúdo, Juan recibirá o programa en Mazaricos, moi preto do seu fogar natal que, como bo galego, nunca esquece a pesar de que familia, amigos, empresas e negocios, que tamén van descubrir os espectadores, agárdano sempre na marabillosa cidade carioca.

Estíbaliz Veiga estará cos seus fillos, Rodrigo e Sandra.

06 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.